
Veeam
A solución de Backup máis estendida do mercado. Backup para contornas virtuais e físicas. A xestión máis sinxela entre todos os aplicativos de xestión
Veeam Backup & Replication
A peza central: copias de máquinas virtuais VMware e Hyper-V, servidores físicos, portátiles e NAS xestionadas desde unha única consola, cunha soa forma de traballar.
Restauración granular e instantánea
Recupere unha máquina completa en minutos, ou soamente un ficheiro, unha caixa de correo ou un rexistro de base de datos, sen ter que restaurar o servidor enteiro para rescatar un documento.
Copias inmutables anti-ransomware
Repositorios que impiden borrar ou cifrar as copias durante o período que vostede decida. Se sofre un ataque, o backup segue aí e o seu negocio pode continuar.
Backup off-site e en Cloud
Réplica automática das súas copias fóra da oficina, cara a outra sede ou cara á nube, completando a estratexia Backup 3-2-1 que aplicamos en todos os nosos clientes.
A xestión máis sinxela
Traballos programados, verificación automática das copias e informes por correo. Cada mañá saberá se o backup da noite anterior rematou correctamente, sen ter que entrar a comprobalo.
Licenciamento flexible
Por instancia (VUL), por socket ou por subscrición, incluídos Veeam Agent e o backup de Microsoft 365. Axustamos a licenza ao que realmente necesita protexer.